martes, 15 de mayo de 2012

FELICIDADE

A felicidade é algo máis que ter cousas materiais, vai máis ala de todo o que se compra, é algo que se sinte, e se o sintes é que estas vivo. Un pequeno sorriso durante unha pelicula. Miradas de complicidade.
Anaquiños de ledicia por aprobar. Un beixo inesperado. Un regalo tan impetuoso como sorprendentre. Encontros as agachadas. Todo aquilo que che fai sentir mariposiñas no estomago e rebumbio na cara para amosar un gran sorriso o final. Algo incomprensible que che lembra que aínda estas vivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario